Nacemento:
Morte:
Médico e político, 52 anos. Veciño da rúa Riego de Agua, 12-2º, na Coruña. Fillo do médico coruñés Manuel Barbeito Segovia (+1929). Licenciado en Medicina en 1907 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estableceuse como médico na Coruña en 1908 e exerceu de médico municipal, cirurxián no Hospital da Caridade herculino.
Membro das Irmandades da Fala coruñesas.
En 1932 Alfredo Suárez Ferrín era membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) na Coruña, que creara o seu irmán Julio Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas. Afiliouse despois a Esquerda Republicana (ER) da que foi presidente local e, en abril de 1936, designárono compromisario para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Depurado. Exiliado.
Os franquistas destituírono como médico o día 16/09/1936 "por colaborador del nefasto Frente Popular".
Despois do golpe dos militares rebeldes fuxiu a Cuba co seu fillo José Barbeito López, entón de 16 anos e, tempo andado, tamén médico. Nesta illa sería membro da Agrupación de ER.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.