Nacemento:
Morte:
Político e diplomático, 47 anos. Domicilio na rúa Cantón de Lacy, 1, na Coruña e veciño de Pontevedra no momento da sublevación militar. Empregado do Banco Pastor.
No ano 1932 Alfredo Suárez Ferrín era membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) na Coruña, que crearan o seu irmán Julio Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas. Socio do Casino Republicano coruñés.
Vencellado as loxas masónicas.
Membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), nomeárono gobernador civil de Biscaia o día 13/10/1933. Candidato nas eleccións xerais de novembro de 1933 polo Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI). En 1935 era secretario xeral do Consello Provincial de Esquerda Republicana (ER) na Coruña e presidiu a Agrupación Local deste partido. Presidente do Casino Republicano da Coruña. O día 26/02/1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP), nomeárono gobernador civil de Pontevedra. Tamén era cónsul do Ecuador. Amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, quen o nomeou gobernador civil de Pontevedra.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Sendo gobernador civil da cidade do Lérez, o día 17/07/1936 nomeou ao tenente coronel da Garda Civil, Ricardo Macarrón Piúdo, como delegado de Orde Pública. Macarrón Piúdo uniuse aos rebeldes e seguiu no cargo de delegado de Orde Pública e, en agosto de 1936, nomeárono gobernador civil de Pontevedra.
Executado. Sancionado.
No momento da rebelión militar negouse a entregar armas ás organizacións obreiras tal como estas lle viñan reclamando.
Detido polo capitán de Artillería Luis Sánchez Cantón no Goberno Civil de Pontevedra nos primeiros momentos do golpe militar. Despois do triunfo da sublevación militar capturárono os rebeldes; aínda que conseguira fuxir nun primeiro momento, detivérono en agosto de 1936 na Coruña e trasladárono a Pontevedra.
Xulgado o día 08/09/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O fiscal militar era Hernán Martín-Barbadillo Pául. O xuízo rematou o día 09/09/1936.
Fusilárono os golpistas na amañecida na Caeira, no quilómetro 1 da estrada Pontevedra-Campañó.
Sancionárono tamén cunha multa de 1000 pesetas.
Morte rexistrada por mor dun colapso cardíaco a causa de ferida de arma de fogo no tórax.
Soterrado no cemiterio de Pontevedra.
No ano 1940 procesouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.