← Volver atrás

Sánchez Cantón, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Casou en Poio (Pontevedra) en outubro de 1926 con María del Pilar Lenard Quintana (Vigo, Pontevedra); tiveron unha filla e un fillo: María del Pilar e Luis. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia, na que se graduou como alférez no ano 1919. En 1921 destinárono como tenente a Ferrol (A Coruña). Participou na Guerra de Marrocos. No ano 1926 era capitán e enviárono a Pontevedra.

Golpista.

Cando se produce a revolta militar seguía co seu destino en Pontevedra. Sumouse desde o primeiro momento aos militares sublevados.

No Goberno Civil pontevedrés detivo ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan e a Alejandro Bóveda Iglesias. No anoitecer do día 19 de xullo encargouse de fixar os carteis declarativos do estado de guerra nos lugares céntricos da cidade.

Sería un dos militares que xulgaron a Alexandre Bóveda.

No desenvolvemento da guerra civil ascendeu a comandante. Tenente coronel en 1943, trasladárono ao Rexemento de Artillería Lixeira nº 16, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica, con destino en Santiago de Compostela (A Coruña); en 1953 era coronel e comandante militar de Santiago de Compostela.

Herdeiro do Pazo de Marza, San Miguel de Oleiros, Silleda (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha