Nacemento:
Morte:
Avogado, procurador dos tribunais e político, 54 anos. No mes de novembro de 1905 casou con Josefa Vázquez Méndez; tiveron dúas fillas. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Nado en Cuba e retornado a Galicia. Licenciado en Dereito, aprobou as oposicións a procurador no ano 1920 e exerceu na Coruña.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Bentura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Participou na reunión constitutiva da Federación Republicana Galega (FRG) en Pontevedra o día 15/03/1931. Presentouse ás eleccións a Cortes en 1931 pola Coruña dentro do Partido Republicano Radical (PRR), cando tiña residencia na Praza de Azcárraga, 4-3º, na Coruña. Volveu ser candidato en novembro de 1933 polo PRR de Alejandro Lerroux García. No ano 1935 encadrouse en Unión Republicana (UR).
Masón da loxa Lealtad e da Curros Enríquez, da que foi un dos fundadores no ano 1929; procedía da loxa Libredón de Santiago de Compostela.
Amigo e colaborador de Gerardo Abad Conde, co que se anoxou por non nomealo gobernador civil cando Gerardo acadou a presidencia do Consello de Estado.
Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado achábase de vacacións en Gandía (Valencia), onde pasou toda a guerra civil. De volta na Coruña no ano 1943 prendérono os franquistas, ingresárono na Prisión Provincial da Coruña e en febreiro de 1944 trasladárono á Prisión Provincial de Porlier (Madrid).
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e condenárono, o día 26/10/1943, a 12 anos e un día de reclusión, pasando ao cárcere de Yeserías (Madrid), logo á Prisión Provincial de Madrid, da que sairía en liberdade condicional en decembro de 1945.
Acusou a Gerardo Abad Conde, do partido de Lerroux, de inscribir a moitas persoas na masonería sen que realmente foxen tales masóns e coa intención, dicía López Chacón, de obter cartos.
Tamén o enxuizaron no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.