← Volver atrás

Fernández Osorio-Tafall, Bibiano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Salceda
(Pontevedra)
- 03/12/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 13/08/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Biólogo, profesor, diplomático e político, 33 anos. Casou en 1929 con Josefina Urruti Viaño; tiñan dous fillos e unha filla: José-Ángel, María del Carmen e Manuel. Licenciado en Ciencias Naturais pola Universidade de Madrid en 1925 e Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Director do Instituto de Ensinanza Media de Pontevedra e secretario da Misión Biolóxica.

Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), presidente da Deputación de Pontevedra e deputado nacional en dúas lexislaturas.

Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Secretario da Federación Republicana Galega (FRG). Deputado nacional no 1931 e alcalde de Pontevedra. En 1932 presidiu a Asemblea de Municipios para discutir e redactar o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

No ano 1934 destituíuno da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra o gobernador civil Diego Fernández Gómez, no marco dos sucesos vencellados á folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Despois das eleccións de febreiro de 1936 foi secretario xeral do Consello Nacional de Esquerda Republicana (ER) e, de novo, alcalde de Pontevedra. Subsecretario de Traballo e Previsión Social e, logo, de Gobernación en Madrid en xuño de 1936.

Exiliado.

Despois do golpe de Estado e no decorrer da guerra civil, en 1938-1939, nomeárono comisario xeral de defensa do Exército de Terra da República Española no goberno de Juan Negrín López.

Coa derrota republicana exiliouse en marzo de 1939 en Francia e logo en México, onde se nacionalizou en 1941 e desenvolveuse como un recoñecido profesor universitario.

Na súa estadía en Francia foi director do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE).

Ocupou altos cargos na Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e, en 1948, incorporouse á Organización das Nacións Unidas (ONU), onde se xubilou como subsecretario xeral o 30/06/1974; estivo neste organismo 26 anos.

A súa separación da familia española remataría cun novo casamento en México.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.