Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 34 anos. Casou en Carballiño (Ourense) en febreiro de 1933 con Adela de los Arcos Pérez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1925.
Vencellado ao republicanismo desde 1930 cando era vicesecretario do Centro Republicano de Pontevedra e secretario cando dimitiu Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.
Militante da Federación Republicana Galega (FRG) e da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), despois de Acción Republicana (AR) e, desde 1934, de Esquerda Republicana (ER), da que foi presidente local de Pontevedra en 1935.
Proclamada a II República, nomeárono gobernador civil de Ciudad Real (1931-1932), de Alacante (1932-1933) e de Oviedo (1933).
Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) exerceu de gobernador civil de Xaén e de Biscaia desde o día 24/05/1936.
Compromisario por Pontevedra para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Exiliado.
Presidente da Xunta de Defensa en Biscaia en agosto de 1936. Cando se produce o golpe de Estado seguía a cargo do Goberno Civil de Biscaia (Guipúscoa) e desenvolveu un importante papel no fracaso da sublevación militar, cando desviou as chamadas dos cuarteis ao Goberno Civil para que os militares non coñeceran os movementos dos rebeldes. Logo da aprobación do Estatuto Vasco e no nome do goberno republicano, investiu lendakari a José-Antonio Aguirre Lekube (Bilbao, Biscaia), despois de que el mesmo renunciara a desenvolver ese cargo.
Pasados os incidentes de marzo de 1937 en Barcelona, designárono delegado de Orde Pública, cargo do que o relevaron polas presións da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Ao rematar a guerra civil marchou cara o exilio en Panamá, Cuba e, finalmente, Estados Unidos.
Xulgado en rebeldía o día 13/06/1944 polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea e inhabilitación absoluta perpetua.
Morreu en Miami no esquecemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.