← Volver atrás

Taracido Veira, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 18/05/1982 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor mercantil, empresario e político, 49 anos. Casado con Matilde Fraga. Veciños da rúa Sinagoga, na Coruña. Estudou na Escola de Profesorado Mercantil. Xerente de Laboratorios Orzán, S.A.

Amigo de Santiago Casares Quiroga. Impulsor da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Membro das Irmandades da Fala.

Masón das loxas Gallaecia Suevia nº 4 e Pensamiento y Acción nº 11.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe, e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

Ao inicio do período republicano, elixírono concelleiro da Coruña de 1931 a 1934. En 1934 integrouse en Esquerda Republicana (ER), foi concelleiro e nomeárono 1º tenente de alcalde da cidade coruñesa en 1936. Deputado provincial tamén en 1936 e vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña. Dirixente e presidente do Casino Republicano do día 22/01/1925 ao día 22/12/1935, data na que o sucede César Alvajar Diéguez. Presidente da Asociación Rexional de Pais de Familia.

Colaborador de A Nosa Terra.

Encarcerado. Sancionado.

Ao comezar guerra civil prendérono e pasou o conflito no cárcere; xa se afastara da política.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 24/09/1937.

Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o 05/10/1937.

Xulgado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo co resultado de sentenza, do día 15/10/1941, a 12 anos e un día de prisión e accesoria de inhabilitación absoluta perpetua para cargos do Estado e outras administracións públicas e privadas de mando ou confianza.

Preso na Coruña en 1937 e 1938. A finais de 1941 ingresou na cadea en Madrid, no penal de Conde Peñalver, pasando alí dous anos e tres meses.

O Consello de Ministros conmutoulle a pena pola de seis anos e un día de confinamento.

Desterrado en Forteventura, León e Lugo. Rematou a condena en outubro de 1946.

Protexeu, dentro das súas limitacións, a varios republicanos, entre eles a Esther Casares Quiroga, a quen retiveron na Coruña durante 19 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.