← Volver atrás

Casares Quiroga, Esther

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Madrid
- 07/07/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 15/01/1969 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 25 anos. Casou en Madrid o día 03/07/1931 co capitán de Cabalería Enrique Varela Castro; tiveron unha filla: María-Esther. Veciños de Madrid. Filla natural de Santiago Casares Quiroga, ao que o día 18/07/1936 lle incautaron unha casa na rúa Panadeiras, na Coruña. Recoñecida polo seu pai, estudou en París (Francia).

Encarcerada.

Cando se produce o golpe rebelde achábase de vacacións en Bañobre, Santa María de Castro, Miño (A Coruña) coa súa familia; o seu home foi quen de pasar á zona republicana. A Esther prendérona o día 02/09/1936 en Miño, enviárona á cadea a Ferrol (A Coruña) e despois á Coruña. Sempre estivo vixiada pola policía.

Mesturada na evasión da lancha motora La Golondrina, que fuxira desde Miño o día 31/08/1936, localidade onde ela pasaba as vacacións. Na última hora Esther non embarcou polo temor ás represalias sobre da súa familia. Finalmente entregouse á Garda Civil o día 02/09/1936 e trasladárono a Ferrol (A Coruña).

Detida e conducida a un hotel, co temor de que ía a ser paseada. Na prisión contrae a tuberculose e ingresárona, con vixilancia militar, no Hospital da Mariña en Ferrol (A Coruña). Protexida de Arturo Taracido Veira, quen no seu momento impulsou a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) xunto co seu pai, Santiago Casares. Despois de estar máis de dous anos no hospital, levárona á cadea, onde permaneceu nove meses.

Refén de Franco, coa súa filla Esther Varela Casares, ata 1954. Retida na Coruña durante 19 anos ata que a autorizaron a saír de España en 1955, marchando cara México, onde se reuniu co seu home.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha