← Volver atrás

Fraga, Matilde

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co profesor mercantil, empresario e político Arturo Taracido Veira. Veciños da Coruña.

O seu home era amigo de Santiago Casares Quiroga, impulsor da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), membro das Irmandades da Fala e masón; o día 26/03/1930 participou no Pacto de Lestrobe.

Ao inicio do período republicano a Arturo elixírono concelleiro da Coruña de 1931 a 1934 e 1º tenente de alcalde en 1936; deputado provincial en 1936 e vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña.

Vítima colateral.

Ao comezar guerra civil ao seu home prendérono e pasou o conflito no cárcere e castigárono coa inhabilitación absoluta perpetua para cargos do Estado e outras administracións públicas e privadas de mando ou confianza.

Arturo estivo preso na Coruña en 1937 e 1938. A finais de 1941 ingresou na cadea en Madrid, no penal de Conde Peñalver, pasando alí dous anos e tres meses.

Protexeron, dentro das súas limitacións, a varios republicanos, entre eles a Esther Casares Quiroga, a quen retiveron na Coruña durante 19 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha