← Volver atrás

Vázquez Méndez, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

No mes de novembro de 1905 casou co avogado, procurador dos tribunais e político José-Vicente López Chacón; tiveron dúas fillas. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña).

O seu home participou o día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, na reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG); José-Vicente presentouse ás eleccións a Cortes en 1931 pola Coruña dentro do Partido Republicano Radical (PRR); volveu ser candidato en novembro de 1933 polo PRR de Alejandro Lerroux García e no ano 1935 encadrouse en Unión Republicana (UR); era masón.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe de Estado achábanse de vacacións en Gandía (Valencia), onde pasaron toda a guerra civil. De volta na Coruña no ano 1943 ao seu home prendérono os franquistas, ingresárono na Prisión Provincial da Coruña e en febreiro de 1944 trasladárono á Prisión Provincial de Porlier (Madrid). Tamén procesaron á súa parella por masón e por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha