← Volver atrás

Torres López, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 22/02/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 08/08/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro e sindicalista, 22 anos. Veciño da Coruña. Fillo de José Torres Regueira, sospeitoso como el de participar no intento de Fuga do Portiño.

Militante da CNT.

Prendérono en 1934 polos feitos da fracasada revolución de outubro e cumpriu condena en Pamplona (Navarra).

Fuxido. Paseado.

Enfrontouse ás forzas sublevadas en xullo de 1936 no barrio de Monelos, A Coruña.

Sospeitoso para as forzas policiais de estar implicado na tentativa de Fuga do Portiño.

Escondeuse no domicilio da súa moza, tamén da CNT, Primitiva Lodeiro Otero. Na casa de Primitiva nas Xubias, Antonio permaneceu desde xullo de 1936 ata agosto de 1937. Nese momento prendéronos aos dous pola tentativa de fuxida no vapor boniteiro Explorador, na que tamén se comprometera o irmán de Primitiva, Manuel Lodeiro Otero.

O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937 cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización desta operación correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT e Antonio Torres López, CNT.

Morte rexistrada nas Xubias, A Coruña, a causa dunha hemorraxia por disparos de arma de fogo.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.