← Volver atrás

Longueira Bermúdez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor e sindicalista, 27 anos. Casado con Nieves Souto Souto; tiña dúas fillas. Veciños do barrio de Labañou, San Pedro de Visma, na Coruña. Irmán de Tomás Longueira Bermúdez, paseado.

Vicepresidente do Sindicato de Pintores da Coruña, da CNT, e elexido presidente en novembro de 1935. Afiliado tamén ao Sindicato de Metalúrxicos coruñés. Socio do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.

Detido na folga xeral de decembro de 1933, en xaneiro de 1934 por extremista e, en outubro dese mesmo ano, por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Executado.

Participou na defensa da República nos primeiros momentos do movemento golpista na Coruña.

Prendérono os rebeldes e ingresou no cárcere o día 21/07/1936; puxérono en liberdade o día 04/11/1936.

Foi un dos acusados de servir de enlace na tentativa de fuga do vapor boniteiro Explorador en agosto de 1937.

O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937, cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT e Antonio Torres López, CNT.

Xulgado en consello de guerra na Coruña os días 12 e 13/11/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1091/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h, despois de estar na Prisión Provincial da Coruña, no Campo da Rata da cidade herculina.

Soterrárono o día 7 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Luis Ardao López, Lino Carrión Castilla, Alfonso Castrillo López, José Feito García, José Gómez Roibal, Aquilino Parapar Franco e Andrés Pérez Adega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.