Nacemento:
Morte:
Practicante e forense, 24 anos. Veciño da Coruña. Practicante da beneficencia no Concello da Coruña. Fillo de Antonio Naya López, a quen pasearon e asasinaron dunha malleira; irmán de Francisco Naya Mariñas, fuxido e exiliado.
Militante da UXT e das Xuventudes Socialistas (XXSS) da Coruña; vogal da Agrupación Socialista (AS) coruñesa.
Depurado. Encarcerado.
Por un tempo permaneceu no seu posto de forense e toucoulle facer autopsias a moitas das persoas ás que lles deran o paseo.
Destituído no seu posto de traballo o día 01/09/1936 a proposta do inspector provincial de Sanidade.
Detivérono os golpistas en 1937 e internárono na Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña os días 12 e 13/11/1937 polo delito de rebelión, na causa 1091/37, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.
Volvérono xulgar en consello de guerra con outras dúas persoas por actividades clandestinas, na causa 527/47, no Tribunal Militar Territorial da Coruña.
Cando acadou a liberdade, desde 1952 a 1974 foi delegado dos laboratorios alemáns Merck.
No ano 1982 acordouse a súa reincorporación ao Corpo de Practicantes e en 1986 residía na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.