Nacemento:
Morte:
Traballo na casa e política, 44 anos. Viúva e compañeira do tamén comunista Aniceto San José Aguilera do PCE e da UXT, fotógrafo e fusilado. Veciños da rúa López Budén, 19, na Coruña.
Militante do PCE.
Encarcerada. Sancionada.
Despois do movemento sedicioso colaborou nas redes clandestinas que organizaba fuxidas polo mar.
Implicada na tentativa de fuga do vapor boniteiro Explorador, detivérona os franquistas. Foi unha das acusadas de servir de enlace na tentativa de fuxida deste barco.
O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937, cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.
Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.
Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT e Antonio Torres López, CNT.
Xulgada en consello de guerra na Coruña os días 12 e 13/11/1937 polo delito de rebelión, na causa 1091/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
En xaneiro de 1944 sancionouna o Goberno Civil cunha multa de 50 pesetas por desobediencia aos axentes da autoridade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.