Nacemento:
Morte:
Albanel, 30 anos. Veciño da rúa López Budén, 23-1º, na Coruña.
Comunista e do Socorro Rojo Internacional (SRI).
Participou na folga de outubro de 1934 polo que o condenaron a quince anos de cadea; liberouno a Fronte Popular (FP) despois do seu triunfo nas eleccións.
Encarcerado.
Andrés figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos afectos al Frente Popular que no han sido detenidos por considerárseles personas de orden dentro de su ideología, pero que pudieran tal vez cooperar a la alteración del orden público, figuran los siguientes...”.
Formou parte da célula B.1-Radio Comunista da Coruña.
Ingresado no cárcere o día 20/07/1936; volveu reingresar o día 31/10/1936.
O boniteiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937 cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.
Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.
Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT e Antonio Torres López, CNT.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.