← Volver atrás

Feito García, José

Alcume: o Cubano
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barbeiro, 36 anos. Casado. Veciño das Xubias, 3, soto, na Coruña.

Militante do PCE.

Executado.

O vapor boniteiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937, cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT, e Antonio Torres López, CNT.

Un dos acusados de servir de enlace na tentativa de fuga deste barco de pesca.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1091/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.

Fusilárono os franquistas ás 06:00 h na Coruña.

Soterrárono o día 7 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Luis Ardao López, Lino Carrión Castilla, Alfonso Castrillo López, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco e Andrés Pérez Adega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.