← Volver atrás

Gómez Roibal, José

Alcume: Cadreche
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 40 anos. Viúvo. Domiciliado na rúa Vera, 8, na Coruña. Mariñeiro fogueiro.

Dirixente de El Despertar Marítimo e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña, da CNT. Militante do Partido Sindicalista (PS) en 1934.

Executado.

Organizador de fuxidas en barco de represaliados desde A Coruña, como a do Sagrado Corazón de Jesús ou o Explorador.

Sería un dos acusados de servir de enlace na tentativa de fuga do vapor boniteiro Explorador e prendérono en agosto de 1937.

O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra) o día 09/08/1937 cando descargaban a pesca da marea, baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador, e Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT, e Antonio Torres López, CNT.

Xulgado en consello de guerra na Coruña os días 12 e 13/11/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1091/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Coruña.

Soterrárono o día 7 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Luis Ardao López, Lino Carrión Castilla, Alfonso Castrillo López, José Feito García, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco e Andrés Pérez Adega.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.