Nacemento:
Morte:
Mecánico, 29 anos. Solteiro. Veciño de Xixón (Principado de Asturias).
Militante do PCE.
Como resultado dun atraco a unha tenda en Vilarrodís, San Tirso de Oseiro, Arteixo (A Coruña) o 06/12/1934, no que morreron dúas mulleres (nai e filla), prendérono o seguinte día 22, condenárono a cadea perpetua e ingresou no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria).
Executado.
Ao producirse a sublevación militar liberárono os republicanos en novembro de 1936 e loitou como voluntario na fronte asturiana, acadando o grao de tenente en febreiro de 1937 da 2ª Sección da 43ª Compañía do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias.
Logo da caída da Fronte Norte volveu con outros combatentes a Galicia e andou escapado polos montes. Detivéronos os rebeldes, ao pouco tempo, nun monte de Monfero (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra na Coruña en xaneiro de 1938 polo delito de rebelión militar, na causa 1422/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado ás 06:00 h na Coruña.
Morte rexistrada na Coruña por ferida de arma de fogo.
Soterrárono o día 7 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Lino Carrión Castilla, Alfonso Castrillo López, José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco e Andrés Pérez Adega.
Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.