← Volver atrás

Gantes Barreiro, Manuel

Alcume: Roque
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 19/06/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, mariñeiro e sindicalista, 29 anos. Casado con Dolores Barreiro Patiño; tiveron tres fillas: Dolores, Manuela e Pilar. Veciños da rúa Buenavista, 3-1º, na Cruña.

Militante da CNT. Delegado do Sindicato do Transporte Marítimo, Sección de Chaboleiros do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado estivo agochado nunha casa da barriada de Santa Lucía, na Coruña, na que vivía a súa cuñada Consuelo Couceiro.

O día 05/01/1937 fuxiu desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga en dous pesqueiros, que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa.

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

Combate no exército republicano durante a guerra civil, onde foi comisario político no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias; participou na Batalla do Ebro.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 1091/37.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco, Alejandro Paz González, Manuel Rodellino Carballo e Juan Serrano Insua; penas de 20 anos de cadea para: Teresa Novelle Rodríguez e Victoriano Santos Campelo; 15 anos de cadea para Ramón Castro Rodríguez; castigaron a 12 anos a: Primitiva Lodeiro Otero e Antonio Naya Mariñas; pena de tres anos de prisión para Manuel Lodeiro Otero; ditaron auto de absolución para: Juan Arufe Romero, Juan Bayolo Deus, Raimundo Santiago Pereira e Domingo Serrano Insua; tamén procesaron a: Manuel Gantes Barreiro e Manuel Malvido Martínez.

Pasa a Francia ao remate do conflito español e realiza traballos forzados para os franceses e para os alemáns.

Volta para A Coruña no ano 1946 e prendérono os franquistas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actividades políticas, na causa 298/47, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Neste procedemento condenaron a 12 anos e un día de cadea a Manuel Gantes Barreiro; tamén castigaron coa prisión a Manuel Vázquez Sampayo; auto de sobresemento para José Domingo Lliso; tamén enxuizaron a Arturo Moreno Torres.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade por sobresemento o día 16/08/1947.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.