← Volver atrás

Masid Masid, Odilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Lourenzo de Piñor, Barbadás
(Ourense)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto do Acevo, San Bartolo de Monteseiro, A Fonsagrada
(Lugo)
- 04/11/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e sindicalista, 31 anos. Veciño de Piñor. Irmán de José Masid Masid, encarcerado. Emigrado na Habana (Cuba) de 1927 a 1930.

De regreso na súa terra participou na organización da Asociación de Campesiños de Piñor, vencellada á CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois de participar na resistencia ao golpe militar en Barbadás logrou chegar á Coruña.

O día 04/01/1937 foxe desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa e con dous pesqueiros.

Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.

No Principado de Asturias militou na Agrupación Confederal Galaica, no Socorro Rojo Internacional (SRI) e ingresou no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, sendo comisario político da súa 3ª Compañía. En febreiro de 1937 ferírono na ofensiva de Oviedo.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de adhesión á rebelión, na causa 434/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Este tribunal militar condenou á pena de 12 anos e un día a: José Morales Gómez, Aurelio Santos Conde e ao irmán deste Sabino Santos Conde; declararon fuxidos a: David Cid, Juan Iglesias e Odilo Masid Masid.

A finais de outubro de 1937, despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra e unirse aos escapados que alí se agochaban. Entre eles estaban: José Balado Gil, José-María Barros Germade, Manuel Bugallo Lois, Maximino Díaz Bugallo, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey, Serafín Varela Platero, Enrique Viadero Haya, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos.

Na noite do 29/30 de outubro chegaron ao Porto do Acebo, A Fonsagrada (Lugo), onde fixeron dous grupos e durmiron en dúas cantinas; a que estaba máis achegada a Galicia asaltouna un numeroso grupo de gardas civís e falanxistas, que sorprenderon aos nove que alí se atopaban, aos que apresaron e executaron. O outro grupo, alertado polos tiros, estableceu combate cos represores, matando ao falanxista Emilio Villar. Nos días posteriores capturaron e mataron a José Moreno e a Manuel Bugallo; a José-María Barros e a Julián Carballo prendéronos o día 04/11/1937. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Erguido e Víctor Paradela.

Soterrárono nunha fosa común en Grandas de Salime (Principado de Asturias).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.