Nacemento:
Morte:
Transportista de peixe e sindicalista, 45 anos. Casou con Carmen Colom Sentis. Veciños da Avenida Primo de Rivera, 10, na Coruña. Exportador de peixe na Coruña durante a II República.
Militante da CNT e de Esquerda Republicana (ER). Dirixente da Sociedade Patronal de Exportadores de Peixe da Coruña da que foi vicepresidente en 1929.
Presidente do Ateneo Popular coruñés e socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o alzamento militar permaneceu agochado.
Con Maximino Martínez Zas participou na compra dunha lancha auxiliar para poder fuxir dos fascistas.
Foxe o día 05/01/1937 desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria).
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Embarcou en Santander (Cantabria) cara Francia o día 25/02/1937 e volve a España para loitar a favor dos republicanos.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de sedición co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Exiliouse en México.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.