Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, estibador e sindicalista, 38 anos. Casou na Coruña no ano 1930 con María Rodríguez Rego. Veciños da Coruña. Irmán de Ángel Chamorro Castro. Traballou como estibador no porto da Coruña. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja traballou en barcos como enfermeiro marítimo. Viviu uns anos na República Arxentina. Coa proclamación da II República volveu á Coruña.
Anarcosindicalista e militante da CNT, socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Pertenceu ao Sindicato de Estibadores e exerceu de delegado da Confederación Rexional Galaica (CRG). Coa proclamación da II República volveu á Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na Federación Anarquista Ibérica (FAI) e nos Grupos de Defensa.
En setembro de 1935 arrestárono e xulgárono na Coruña por colaborar na distribución dunha partida de bombas co resultado de absolución.
Fuxido. Exiliado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 acudiu ao Goberno Civil da Coruña a unha reunión, que convocara o gobernador civil Francisco Pérez Carballo entre as xentes das esquerdas.
José-Luis figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Estivo agochado e a finais de decembro de 1936 foxe desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara con dous pesqueiros o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa.
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Pasou a Bilbao (Biscaia) e desenvolveu postos de responsabilidade no Sindicato Nacional de Transporte Marítimo (SNTM). Pasou despois a Cartagena (Murcia), onde sería secretario da Defensa Local e un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Ceive.
Coa derrota definitiva dos republicanos trasladouse a Casabranca (Marrocos). Pasou a Francia e loitou coa resistencia francesa fronte aos nazis.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar, o día 13/11/1936, na causa 721/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Declarárono fuxido con José Platas Fernández, Manuel Hermida Hermida e outros.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936) e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.
Cando se atopaba en Valencia trabou amizade con Manuel Pita Armada e Claro-José Sendón Lamela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.