← Volver atrás

Hermida Hermida, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 29 anos. Veciño da Coruña.

Membro do Sindicato do Transporte na Coruña, da CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Paseado.

Morte rexistrada na Coruña a causa dunha hemorraxia interna; o pasamento tivo lugar no Hospital Municipal coruñés.

Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Bernardo Hernández Ares, Severino López López, José Pérez Ferreño e Antonio Prenas Illobre.

Procesado no mesmo xuízo que o alcalde de Sada (A Coruña), Antonio Fernández Pita, declarárono en rebeldía con José Platas Fernández, Luis Chamorro Castro, José-Luis Chamorro Castro e outros.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar o día 13/11/1936, na causa 721/36.

Procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936), e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha