← Volver atrás

Aradas Pousa, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, xornaleiro e sindicalista, 23 anos. Solteiro. Veciño do Campo Volante, na Coruña (rúa Estrada de Circunvalación, 103 ?).

Militante do PCE.

Prendérono en outubro de 1935 pola venda de rifas do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Paseado.

José figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.; fichado e considerado comunista.

Tamén se sinala, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Detivérono, non obstante, nos primeiros días do alzamento.

Morte rexistrada no Rexistro Civil da Coruña por mor dunha hemorraxia interna. O seu cadáver apareceu no distrito coruñés.

Nun informe policial aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que estaba morto. Tamén consta indicada unha D (detido).

Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Manuel Hermida Hermida, Bernardo Hernández Ares, Severino López López, José Pérez Ferreño e Antonio Prenas Illobre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha