← Volver atrás

Prenas Illobre, Antonio

Alcume: o Barrigas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 19/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Peón de albanel, xornaleiro e sindicalista, 26 anos. Casado. Veciño da rúa Campo de Artillería, 23-baixo, na Coruña.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Contador da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, da CNT. Dirixente da Confederación Rexional Galaica (CRG). Participou activamente na vida sindical da cidade e foi orador no mitin da Federación Local Obreira (FLO) do día 18/07/1936 na praza de touros da Coruña.

Acusado polas forzas de seguridade en 1934 de provocar sabotaxes contra os patróns coruñeses con Arturo Meirás Martínez, 24 anos, fontaneiro; José-Antonio Boedo Núñez, 24 anos, albanel, ou Américo Gómez Carro, 23 anos, fontaneiro.

Paseado.

Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono ao Goberno Civil da Coruña por orde do gobernador, Francisco Pérez Carballo, con outras persoas das esquerdas da cidade.

Detido nunha das rúas da cidade da Coruña o día 22/07/1936, sen armas.

O xuíz militar decretara a súa liberdade o día 04/08/1936 por non haber cargos, pero seguiría na prisión á disposición do delegado de Orde Pública, Florentino González Vallés.

Nunha saca colectiva e coordinada con outras localidades de Galicia, conduciríano un grupo de falanxistas con varios compañeiros e remataron por pasealos.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu no distrito coruñés.

Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Manuel Hermida Hermida, Bernardo Hernández Ares, Severino López López e José Pérez Ferreño.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha