Nacemento:
Morte:
Fontaneiro e político, 23 anos. Veciño da Coruña, onde traballaba de fontaneiro.
Anarquista. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Detivérono no ano 1933 acusado polos servizos de policía de provocar sabotaxes contra os patróns coruñeses con Arturo Meirás Martínez, 24 anos, fontaneiro; Antonio Prenas Illobre, 28 anos, albanel, ou José-Antonio Boedo Núñez, 24 anos, albanel.
Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL).
Fuxido. Encarcerado.
Foxe ao Principado de Asturias en xaneiro de 1937 e solicita o ingreso nas milicias de Xixón o día 10/01/1937. Combate no exército republicano durante a guerra civil na fronte asturiana como cabo do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, e, xa como tenente, no 262º Batallón de Infantería. Pertenceu á Agrupación Confederal Galaica.
Prendérono os rebeldes na guerra, estivo no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), de onde escapa o día 10/02/1938 con outros presos asturianos.
Foxe na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos, desde Ferrol (A Coruña) cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárana xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña), e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Causa aberta en Ferrol polo delito de rebelión militar (fuxida do bou Tiburón).
Prendérono e retomouse o seu procesamento co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.