Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 30 anos. Veciño de Arzúa. Estivo emigrado coa súa familia en Cuba e regresou a Santiso con 15 anos. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando no ano 1929. Mestre interino en San Miguel de Enquerentes, Touro (A Coruña) en 1929 e en Fonxe, Santa María de Arzúa, Arzúa. Segundo fontes familiares, de 1932 a 1934, exerceu o maxisterio en Santa María de Vimianzo, no concello de Santiso.
Militante de Esquerda Republicana (ER), concelleiro en Arzúa en 1936; desenvolvía este cargo no momento do golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Arzúa de 1936, entre outras persoas, a: Federico Nogueira Pimentel, sancionado; Juan-Manuel Vidal García (alcalde), executado; Rogelio Rama Muíño, sancionado; José Corzo Conde, procesado; José James Montero, sancionado; Modesto Abad Vázquez, procesado.
Fuxido. Depurado.
Agochado desde os comezos do golpe militar.
Fuxido na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos, desde Ferrol (A Coruña) cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárana xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos contábanse os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns: Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro; Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña); Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo); Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña); Luis Otero López, maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra); Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña), e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Causa aberta en Ferrol polo delito de rebelión militar (fuxida do bou Tiburón) co resultado de ser declarado fuxido en en rebeldía.
No ano 1940 vivía na Coruña e, como resultado da depuración, condenárono a dous anos sen soldo e destinárono fóra da provincia; enviárono a Matarrosa de Sil, Toreno (León).
No ano 1942 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.
No ano 1946 volveu a Arzúa para encargarse da escola de Santa María de Rendal, no curso 1946/47.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.