Nacemento:
Morte:
Zapateiro e político, 30 anos. Casou Amalia Varela Morales. Veciños da Coruña.
Fuxido. Encarcerado.
Despois da sublevación sancionárono en maio de 1937 por propalar supostas mentiras.
Fuxido na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos, desde Ferrol (A Coruña) cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárana xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña), e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Xa en territorio leal loitou na guerra civil a favor dos republicanos. Prendérono o franquistas en febreiro de 1939.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 1571/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 155 do día 04/06/1943.
Prendérono de novo no mes de xuño de 1947.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actividades políticas na causa 298/47.
Neste procedemento condenaron a 12 anos e un día de cadea a Manuel Gantes Barreiro; tamén castigaron coa prisión a Manuel Vázquez Sampayo; auto de sobresemento para José Domingo Lliso; tamén enxuizaron a Arturo Moreno Torres.
Continúa na loita clandestina con constantes entradas na prisión sen procesamento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.