Nacemento:
Morte:
Militar, 45 anos. Casado con Carmen Veiga Montero. Veciños de San Salvador de Serantes, Ferrol. Mariño da Armada, oficial naval.
Fuxido.
Foxe o día 10/08/1938 na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos desde Ferrol e cara Francia. Nesa data asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o bou ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárana xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns: Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña) e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Causa aberta en Ferrol polo delito de rebelión militar (contra a tripulación do Tiburón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Residiu en Barcelona, onde o procesaron os franquistas no ano 1939 e absolvérono.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.