Nacemento:
Morte:
Tiña 20 anos. Solteiro, Veciño da Coruña. Irmán de Antonio Domingo Lliso, fuxido e morto en combate, e de Salvador-Mateo Domingo Lliso, executado.
Militante da CNT. Afiliado a Solidaridad Internacional Antifascista (SIA).
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar foxe e combate no exército republicano no desenvolvemento da guerra civil.
Despois da derrota republicana pasou a Francia e confinárono en varios campos de internamento; no país veciño solicitou pode viaxar a México.
No ano 1946 regresou á Coruña coa pretensión de reorganizar a CNT na cidade.
Procesárono na Coruña na causa 195/47 e declarárono fuxido.
Detido por actividades contrarias ao Réxime.
Xulgado en consello de guerra na Coruña por actividades políticas, na causa 298/47, co resultado de sentenza de sobresemento.
Neste procedemento condenaron a 12 anos e un día de cadea a Manuel Gantes Barreiro; tamén castigaron coa prisión a Manuel Vázquez Sampayo; auto de sobresemento para José Domingo Lliso; tamén enxuizaron a Arturo Moreno Torres.
Decrétase a súa liberdade condicional o día 16/08/1947.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.