← Volver atrás

Domingo Lliso, Salvador-Mateo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Xosé Obreiro de Cantodarea, Marín
(Pontevedra)
- 16/04/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Oficinista e sindicalista, 28 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. Irmán de Antonio Domingo Lliso, fuxido e morto en combate, e de José Domingo Lliso, exiliado. Empregado nas oficinas dun exportador de peixe no porto coruñés.

No ano 1931 era o secretario do Ateneo de Santa Lucía. Afiliado ao PCE. Tesoureiro das Xuventudes Republicanas (XXRR). Membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña, da CNT. Militante do Socorro Rojo Internacional (SRI) e socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Executado.

Participou na resistencia ao golpe dos militares nas rúas coruñesas e, despois da derrota, refuxiouse na casa dun compañeiro, Luis Campos, na rúa Castiñeiras de Abaixo, na Coruña.

Da preparación do intento de Fuga do Portiño avisouno Carmen Dalmau Pan, a quen sinalaron como enlace outros dos detidos.

O seu xefe, Anselmo Cea García, exportador de peixe, fixo duras declaracións na súa contra, declarando que o vira con armas e facendo resistencia ás tropas rebeldes, en varias ocasións, nos días en que se produce o alzamento militar.

Foi un dos participantes na tentativa da Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 executáronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron nestas detencións felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra na Coruña co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Punta Herminia da cidade herculina.

Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.