← Volver atrás

Rivadulla Rivero, Federico

Alcume: Iquiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 16 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. Fillo de Federico Rivadulla Gómez.

Militante do PSOE, vencellado ás Xuventudes Socialistas (XXSS); estaba ademais moi influenciado polo PCE. Pertencía a unha familia de fonda tradición sindical.

Executado.

Próximo aos Irmáns da Lixivia, participou nas barricadas contra os militares sublevados e prendérono cando os derrotaron. Liberado pola densidade de presos nos cárceres, pasou a vivir na clandestinidade.

Implicouse na Fuga do Portiño da man de Ramiro Fontenla Andújar, militante comunista, que lle deu o aviso do plan de escapada.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos tiráronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Internárono na Prisión Provincial da Coruña, cadea na que escribiu o poema "Nosas mozas queridiñas" antes de que o fusilaran.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 362/37; a Federico condenárono á pena de morte.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron a cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez, 35 anos; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Polvoreira de Durmideiras, preto da Punta Herminia, na Coruña.

Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González. Trasladárono a un nicho en xaneiro de 1943.

No consello de guerra na súa contra e, por mor deste erro, en moitas outras fontes figura co nome do seu pai, Federico Rivadulla Gómez. Semella que estas eivas xustificaríanse en que era menor de idade cando o condenaron á pena de morte e o executaron; a xustiza militar empregaría a identificación do seu pai no procedemento para non recoñecer o asasinato, por sentenza, dun menor.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.