← Volver atrás

Castillo Barreiro, Aurelio

Alcume: o Santanderino, Dandy, Noy
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santander
(Cantabria)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e pintor, 31 anos. Casado con Consuelo Varela Ríos, de 32 anos; tiñan unha filla de meses: Josefina. Veciños da rúa das Monxas, 7-2º, en Betanzos (A Coruña). Pasou un tempo en Barcelona e logo instalouse en Betanzos, onde vivía a súa nai viúva dun carabineiro.

Anarcosindicalista, militante da CNT da que foi secretario en Betanzos en 1936. Presidente do Sindicato de Profesións Varias de San Xoán de Callobre, Miño (A Coruña), da CNT.

Fuxido. Executado.

Acusado de voar unha ponte da estrada Betanzos-A Coruña.

Detido polos falanxistas cando tentaba fuxir polo monte de San Pedro, na Coruña, o día 14/04/1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva coñecida como a Fuga do Portiño, acudiron 24 mozos. Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 20 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde); catro tentaron fuxir guindándose ao mar desde moita altura.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados foron: Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, Iquiño, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar, Manuel Baldomir Vázquez e Antonio Vidal González.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 508/37, co resultado de sentenza á pena de morte. Acusárono da voadura dunha ponte entre Betanzos a A Coruña.

A súa pena non a conmutaron na comisión de exame de penas da Coruña.

Neste expediente militar condenaron á pena de morte a: Aurelio Castillo Barreiro e José-María Medín Vidal; penas de cadea perpetua para: Dolores Rey Bermúdez e Gabino Vázquez López. Tamén procesaron a Antonio Pérez Gómez.

Fusilado ás 06:00 h na Punta Herminia, na Coruña, xunto con outras 20 persoas.

No Rexistro Civil da Coruña, en 1940, rectificouse a causa da súa morte de “pasado polas armas” a morte por “hemorraxia interna”. Os fascistas pretendían anular así os fusilamentos con efectos retroactivos.

Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.