Nacemento:
Morte:
Pintor, 18 anos. Solteiro. Veciño do barrio da Silva, na Coruña. Irmán de Manuel Díaz Moreno, Talache, encarcerado.
Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL). Colaborador do ateneo libertario e centro de estudos sociais El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva. Pertencía ao Sindicato de Latoeiros, da CNT.
Executado.
Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.
O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.
Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.
Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 362/37.
Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 executáronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.
Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.
Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.
Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.
Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.
Xulgado na Coruña co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Punta Herminia da cidade herculina.
Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.