← Volver atrás

Rodríguez Doldán, Emilio

Alcume: Xanetas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Portiño, A Coruña
(A Coruña)
- 03/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado municipal, 43 anos. Veciño da Coruña. Procede da familia dos Xanetas, rodeada de miseria, delincuencia e violencia. Padioleiro de ambulancias nos hospitais municipais do Concello da Coruña.

En xuño de 1931 era secretario do Sindicato de Empregados Municipais da Coruña La Aurora, da CNT. Continuou a súa actividade sindicalista ao longo de toda a etapa republicana.

Depurado. Morte en enfrontamento.

Os franquistas depurárono do seu posto de traballo. Non se conserva o seu expediente persoal no Arquivo Municipal da Coruña (AMC). Razóns da súa destitución: «Extraordinariamente peligroso, líder e incitador de huelgas en el Hospital, disparó contra la fuerza del Ejército desde un camión de ambulancia».

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos tiráronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Morte inscrita no Rexistro Civil a causa de asfixia por inmersión.

Soterrárono no cemiterio da Coruña.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron a cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez, 35 anos; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Emilio morreu afogado e o seu cadáver apareceu días despois: «Ha sido identificado uno de los dos cadáveres que días pasados arrojó el mar a la ensenada denominada “Porto”, en las estribaciones del monte de San Pedro (…). Pertenece dicho cadáver a Emilio Rodríguez Doldán, conocido como “Chanetas”. Había prestado sus servicios como camillero en el Hospital de Caridad de esta capital. El otro cadáver aún no fue identificado». (El Ideal Gallego, 24/03/1937).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.