← Volver atrás

James Montero, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Sevilla
- 31/12/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 29 anos. Veciño de Santa María de Rendal, Arzúa (A Coruña). Mestre nacional de Rendal.

O día 27/04/1936 fundouse a Agrupación Socialista Agraria (ASA) de Arzúa, da que era presidente José Corzo Conde e na que eran vocais o mestre José James e o labrego Modesto Abad Vázquez.

Militante de Esquerda Republicana (ER), pola que o elixiron concelleiro de Arzúa en febreiro de 1936.

Tiña como compañeiros na Corporación de Arzúa de 1936, entre outras persoas, a: Federico Nogueira Pimentel, sancionado; Juan-Manuel Vidal García (alcalde), executado; Rogelio Rama Muíño, sancionado; Gerardo Torreiro López, exiliado; José Corzo Conde, procesado; Modesto Abad Vázquez, procesado.

Depurado.

Despois do alzamento militar os franquistas destituírono como concelleiro.

Ábreselle un expediente de depuración como mestre co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Tamén lle abriron un expediente de responsabilidades políticas no ano 1842.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha