← Volver atrás

Nogueira Pimentel, Federico

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Sancionado

Nacemento:

Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arzúa
(A Coruña)
- 16/07/1965 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 57 anos. No ano 1903 casou en Santo Estevo de Pantiñobre, Arzúa, con Carmen Pazo Iglesias; tiveron tres fillas e catro fillos: Carmen, Federico, Fernando, Mercedes, Manuel, Dolores e José. Veciños de Arzúa. Estivo emigrado coa súa familia en Cuba cando contaba 16 anos. Instalouse en Arzúa, onde era dono dun comercio de tecidos.

Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja foi depositario recadador municipal de 1924 a 1925 e foi alcalde da súa vila por un mes no 1924.

Na II República elixírono concelleiro de Arzúa polos republicanos en 1931 e 1932. Concelleiro polo Partido Republicano Radical (PRR) en 1935. Era 1º tenente de alcalde de Arzúa en 1936 por Esquerda Republicana (ER) cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Arzúa de 1936, entre outras persoas, a: Juan-Manuel Vidal García (o alcalde), executado; Rogelio Rama Muíño, sancionado; Gerardo Torreiro López, exiliado; José Corzo Conde, procesado; José James Montero, sancionado; Modesto Abad Vázquez, procesado.

Procesado. Sancionado.

Despois do movemento militar sedicioso mantívose en agochos e arrestárono o 17/01/1937.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 471/36, co resultado de sentenza de absolución.

Sancionárono os fascistas co embargo do seu negocio de tecidos.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha