Nacemento:
Morte:
Empregado e sindicalista, 29 anos. Solteiro. Veciño da rúa do Orzán, 64-1º, na Coruña.
Presidente do Sindicato de Traballadores do Comercio na Coruña, da UXT.
Pertenceu á loxa masónica Renacemento Masónico nº 18.
O día 5 de abril de 1936 foi un dos oradores do mitin sindicalista da UXT na Coruña, que convocou o Sindicato de Traballadores do Comercio e no que tamén participou Matías Usero Rey-Torrente, ao que asasinarían tamén os franquistas o día 21/08/1936. Segundo algunhas fontes o mitin do Teatro Rosalía rematou con certa polémica por derivar cara cuestións masónicas a intervención de Usero.
Paseado.
Participou na resistencia contra os sediciosos na cidade herculina e despois do triunfo dos alzados agochouse na casa dun amigo en Oleiros (A Coruña); os fascistas deron con el.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna (eufemismo para indicar que morrera dun tiro no estómago). O seu cadáver apareceu nunha cuneta preto da praia de Bastiagueiro cun tiro na cabeza.
Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Manuel Hermida Hermida, Severino López López, José Pérez Ferreño e Antonio Prenas Illobre.
Os militares rebeldes saquearon a súa casa.
Xulgárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo no ano 1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.