← Volver atrás

Usero Rey-Torrente, Matías

Alcume: Juan de Huss
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 12/05/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 20/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Cura, escritor, xornalista, avogado e político, 61 anos. Veciño de San Felipe, Santa María de Brión, Ferrol. Estudou Dereito na USC e logo ordenouse cura. Estivo de misioneiro e de alcipreste en América. Ingresou na Orde Salesiana onde ocupou altos cargos. Autor anticlerical.

A súa posición liberal carrexoulle problemas e deixou o sacerdocio. Colaborador de varios xornais. Gran orador e erudito participou nas loxas masónicas e foi amigo do alcalde Jaime Quintanilla Martínez. Estaba en Porto Rico no ano 1910 e volveu en 1911.

Militante do PSOE no ano 1928, pero pronto deixou a militancia; en 1935 pertencía á Unión Republicana (UR) e era vicepresidente do seu Comité Local en Ferrol. Colaborou na Escola Racionalista de Ferrol, da que figuraba como titular, co matrimonio de Francisco Iturralde Cabeza de Vaca e Marina Ochotorena. Amigo de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia, ao que acompañou moitas veces na súa casa da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Encarcerado. Paseado.

Detido o día 24/07/1936 no seu domicilio de San Felipe.

Xulgado en Ferrol o fiscal, o auditor militar Hernán Martín-Barbadillo Pául, pediu para el a pena de reclusión perpetua a morte por rebelión militar.

O caso non chega ao consello de guerra porque o 20 de agosto sácano do cárcere de Ferrol, por orde do delegado de Orde Pública, o capitán da Garda Civil Victoriano Suanzes Suanzes, xustificado cun traslado á prisión da Escollera. A súa morte xustificouna diante do xuíz o capitán José-María Pagola Birebén como un intento de fuxida, con outros, nun traslado cara A Escollera. Con el morreron outras cinco persoas.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da Forza Pública en aplicación da Lei de Fugas.

Nesta data pasearon: Pedro Almazán Ramos, mestre; José Bueno Pérez, industrial; Francisco López Chas, funcionario; Manuel Pérez Verdura, garda municipal; Matías Usero Rey-Torrente, ex-cura e avogado, e Manuel Teijeiro Williman, funcionario e xornalista.

Parte da súa obra escrita rematou destruída.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.