← Volver atrás

Almazán Ramos, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Depurado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 21/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 27 anos. Veciño de Narón (A Coruña). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e acadou o título no ano 1929. Mestre en 1932 en Ferrol Vello; tamén exerceu en Bardaio, San Martiño de Cores, Ponteceso (A Coruña) e na escola de Quintá, Santa María a Maior do Val, Narón.

No ano 1933 era vogal de Alianza de Esquerda Republicana en Ferrol. Militante do PCE.

Acusado de pertencer á masonería.

Paseado. Depurado.

Prendérono os militares rebeldes despois do alzamento.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista.

Nesta data executaron a: Pedro Almazán Ramos, mestre; José Bueno Pérez, industrial; Francisco López Chas, funcionario; Manuel Pérez Verdura, garda municipal; Matías Usero Rey-Torrente, ex-cura e avogado, e Manuel Teijeiro Williman, funcionario e xornalista.

Depurárono como mestre nacional.

No ano 1940 procesouno o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha