← Volver atrás

Suanzes Suanzes, Victoriano

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 19/05/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. 33 anos. Capitán da Garda Civil.

Participou na represión e na comisión de torturas na folga xeral de outubro de 1934, na zona de Ferrol e na súa bisbarra. Tamén participou no artellado da trama golpista de 1936, polo que o trasladaron a Calahorra (A Rioxa).

Golpista. Represor.

Cando se produce o golpe militar, achábase en Barcelona e arrestárono; logrou escapar e pasou a Francia, logo á zona nacional, chegando a Ferrol, onde o nomearon delegado de Orde Pública o día 11/08/1936.

Responsable do período máis duro da represión en Ferrol e premiado máis tarde co xeneralato.

Entre xullo e novembro de 1936 pasaron polas armas na zona de Ferrol máis de 500 persoas (máis de sete diarias), a metade das vítimas de toda a provincia. Un dos fusilados o día 04/08/1936 sería o contraalmirante e ex-ministro de Mariña Antonio Azarola Gresillón.

A Victoriano nomeárono delegado de Orde Pública o día 10/08/1936, cando era capitán da Garda Civil; atopábase na cúspide da pirámide represiva, na que se unían os comités de depuración da Garda Civil e as milicias de Falanxe.

O día 16 de agosto de 1936 dou a orde de saca do Plus Ultra e da Escollera do ex-alcalde Jaime Quintanilla Martínez e outras 14 persoas, ás que logo pasearon no cemiterio de Canido, en Ferrol. Tamén deu a orde de traslado do cárcere de Ferrol cara A Escollera de Matías Usero Rey-Torrente e outras cinco persoas, ás que finalmente asasinaron o día 20/08/1936.

O día 17/08/1936 nomearon xefe de policía en Ferrol ao capitán de Artillería José-María Pagola Birebén; así completouse a pirámide do poder represivo.

Victoriano ocupou o cargo entre agosto e outubro de 1936, o período álxido das execucións irregulares. Nin sometían a xuízo á xente, sacábanos da cadea militar de Escollera, no Arsenal de Ferrol ou do buque-prisión Plus Ultra e fusilábanos en Canido.

Cesado o día 03/11/1936 e substituído de xeito interino polo tenente de Artillería, Alejandro Nieto Gómez. O número de asasinatos extraxudiciais baixou de xeito drástico.

Os distintos delegados traballaron inicialmente nunha listaxe de personalidades da vida política, social e sindical que deberían ser eliminados, redactada antes do golpe dos rebeldes por políticos ferroláns das dereitas, que se reunían clandestinamente na igrexa do Carmen. Victoriano incrementou esta listaxe a base dos datos que lle achegaron os axentes policiais que asistían aos actos públicos, reunións e actos sindicais; el mesmo fora un deses axentes.

A xente incluída nestas listaxes dividiuse en tres grupos: presos gobernativos (acababan no cárcere e ofrecíanlles a alternativa de ir á fronte ou a un campo de traballo), os que enviaban aos consellos de guerra (á maioría condenáronos a morte) e os que non figuraban nas anteriores categorías (estes podían ser paseados); incluían a xente nunha ou outra categoría segundo os avais que puideran presentar.

No tempo que Victoriano Suanzes ocupou a Delegación de Orde Pública en Ferrol e José-María Pagola Birebén desenvolveu a xefatura de policía, pasearon 134 persoas.

Os comités depuradores formábanos falanxistas e actuaban en cada parroquia. Ferrol tiña un que se coñecía como "La comisión de los once".

Houbo unha crise importante na comarca de Ferrol entre a Igrexa e os militares porque Victoriano permitira o paseo en Barallobre dun cura. As protestas do Vaticano polo paseo do cura Andrés Ares Díaz, o día 03/10/1936, por non querer entregar aos milicianos os cartos recadados para as festas de Alto Xestoso, obrigaron ao cese de Victoriano.

Tamén participou na morte de Matías Usero Rey-Torrente, que aínda que ao marxe da Igrexa, seguía a ser cura.

Como "castigo", en novembro de 1937, nomeárono delegado de Orde Pública da provincia da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.