Nacemento:
Morte:
Sacerdote, 45 anos. Veciño de San Pedro do Val de Xestoso, Monfero (A Coruña) e párroco de Val Xestoso desde 1931.
Executado.
Detido por negarse a entregarlle aos sublevados os cartos da colecta para a festa dos Remedios, que suspenderan as autoridades militares. Acusado de entregar os ditos cartos para o Socorro Rojo Internacional (SRI), arrestárono os falanxistas e a Garda Civil, levárono a Pontedeume e logo a Barallobre onde o obrigaron a confesar co cura Antonio Casas, quen intentaba frear a represión na comarca.
Conducírono ao cemiterio de Barallobre, lugar no que o fusilaron ás 11:00 h. Semella que na súa execución tivo moito que ver o delegado de Orde Pública en Ferrol, Victoriano Suanzes Suanzes, o que motivou unha crise entre a Igrexa e os militares.
Despois das protestas do Vaticano, a Victoriano Suanzes destituírono e acordouse que se debía ter o visto e prace da Igrexa para asasinar a un veciño. Estas protestas polo paseo en Barallobre do cura Andrés Ares, obrigaron ao cese de Victoriano Suanzes Suanzes. Como castigo??? en outubro de 1937 destinárono como delegado de Orde Pública para toda a provincia.
Na partida de defunción consta como morte rexistrada a causa de feridas por disparos de armas de fogo ao tentar fuxir da forza pública cando era conducido para practicar unhas dilixencias.
O seu cadáver apareceu en Barallobre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.