Nacemento:
Morte:
Xornaleiro e político, 32 anos. Solteiro. Veciño da rúa Torreiro, 13, na Coruña, vivía na fonda La Amistad.
Militante do PCE coruñés.
Acusado da colocación dunha bomba no portal da comisaría do Corpo de Seguridade e Asalto da Coruña, con Eladio Arca Núñez e José Caramés Escariz, durante a folga xeral de maio de 1933; xulgado na Audiencia en agosto, o fiscal retirou as acusacións e deixáronos en liberdade.
Detido na Coruña o día 01/01/1936 por resistencia e desacato aos axentes de seguridade durante un mitin de Dolores Ibárruri Gómez. Tamén detiveron a Niceto San José Aguilera, Tomás Baños Ordóñez, Luis Peña Pérez e José López Castiñeiras.
Paseado.
Severino figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Finalmente prendérono os franquistas, que lle deron o paseo.
Morte que figura no Rexistro Civil da Coruña a causa de hemorraxia cerebral interna.
O seu cadáver apareceu no distrito coruñés.
Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Manuel Hermida Hermida, Bernardo Hernández Ares, José Pérez Ferreño e Antonio Prenas Illobre.
No informe policial aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que morrera. Tamén consta indicada unha D (detido).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.