Nacemento:
Morte:
Fotógrafo e sindicalista, 42 anos. Compañeiro de Teresa Novelle Rodríguez, tamén do PCE e represaliada. Veciños da rúa López Budén, 19, na Coruña. Fotógrafo ambulante na cidade herculina.
Militante do PCE e secretario do Sindicato de Vendedores Ambulantes da Coruña, da UXT.
Detido en abril de 1934 polo repartimento de follas clandestinas comunistas.
Prendérono tamén o 01/01/1936, por desacato e resistencia aos axentes da autoridade, cando se suspendeu un mitin do PCE onde participaba Dolores Ibárruri Gómez na Coruña. Tamén prenderon nesta ocasión a Severino López López, Tomás Baños Ordóñez, Luis Peña Pérez e José López Castiñeiras.
Paseado.
Prendérono os franquistas despois do alzamento militar de xullo de 1936.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna.
O seu cadáver apareceu na praia de Bastiagueiro.
Soterrárono no cemiterio de Santa Locaia de Perillo, Oleiros.
A súa dona participou na organización de fugas de antifranquistas por mar; prendérona cando se tentaba a fuxida do vapor boniteiro Explorador e condenárona a 20 anos de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.