← Volver atrás

Gómez García, Gumersindo

Alcume: Campañón
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
(A Coruña)
- 06/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Peón de albanel, 21 anos. Casado con Mercedes Laperal Couceiro; tiñan un fillo. Veciños da rúa Atocha Alta, 24-2º, na Coruña.

Militante da CNT.

Paseado.

Incurso no mesmo procedemento que o alcalde de Sada (A Coruña), Antonio Fernández Pita, ao que acusaran con José Cambón Rodríguez de ter entregado armas requisadas aos homes que dirixía José-Antonio Boedo Núñez, quen seguía ordes do Goberno Civil da Coruña.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar, o día 13/11/1936, na causa 721/36.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936), e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.

Morte rexistrada por mor da aplicación da Lei de Fugas.

O seu cadáver apareceu na estrada da Estación do Norte-Betanzos, a uns 500 m da estación coa inscrición “en aplicación de la Ley de Fugas”.

Con el pasearon a: José Cambón Rodríguez e Pedro Ramírez Menéndez, todos testemuñas contra Fernández Pita, diante do temor da Garda Civil de que cambiaran a súa testemuña diante do xuíz Benjamín Gil Sáez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha