Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e político, 48 anos. Solteiro. Veciño de Fontán. Era o maior de 11 irmáns. Emigrou de mozo aos Estados Unidos e regresou a España antes dos gobernos da II República, traballando de mariñeiro.
Militante da UXT. Elixido concelleiro e 1º tenente de alcalde na Corporación de Sada de 1931 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), cando era alcalde Justo Rodríguez Pérez. Cando dimitiu Justo, elixírono concelleiro e alcalde nas municipais de 1932 por ORGA. Concelleiro e alcalde en 1935 polo Partido Nacional Republicano (PNR). Elixido novamente alcalde en 1936 como independente; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Sada de 1936, entre outras persoas, a: Justo Rodríguez Pérez, fuxido; Pedro Villacampa Méndez, exiliado; Casimiro Suárez Álvarez, exiliado.
Executado. Sancionado.
Cando se produce o golpe militar fascista ordenou á requisa de armas os días 19 e 20 de xullo. A resistencia dirixiuna ata o 23 de xullo.
Detido o 31 de agosto polos rebeldes e entregado o día 03/09/1936 ao xuíz de Instrución de Betanzos (A Coruña) Benjamín Gil Sáez. Deixárono en liberdade, arrestárono de novo e trasladárono á Coruña.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar o día 13/11/1936, na causa 721/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936) e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.
Ingresado na Prisión Provincial da Coruña, compartiu cela antes de ser executado co deputado nacional José Miñones Bernárdez, Pepe Miñones.
Sacárono da cela ás 04:00 h e fusilárono na Polvoreira de Durmideiras, preto da Punta Herminia, na Coruña, ás 07:00h, segundo deixou escrito o seu compañeiro de cela José Miñones Bernárdez, ao que logo tamén fusilaron o día 02/12/1936, igualmente na Coruña.
Soterrárono o día 27 de novembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Mentres estivo no cárcere visitárono a súa nai, as súas irmás Manuela e Eduarda e a súa moza Juana García Pita. O día 26 de novembro tivo a última visita.
Sancionado cunha multa de 100.000 pesetas. A multa non se puido executar pola insolvencia do sancionado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.