Nacemento:
Morte:
Empresario e político. Casou con Francisca Suárez, Paca; tiveron dous fillos: Norberto e Casimiro. Veciños da rúa Río, 11, en Sada. Adicouse á construción, foi o propietario desde 1920 do Cine Royalty e tivo outro cine en Bergondo (A Coruña).
Concelleiro de Sada no ano 1931 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Concelleiro nas municipais de 1932 tamén por ORGA. Concelleiro en 1935 polo Partido Nacional Republicano (PNR). Elixido novamente concelleiro no ano 1936 como independente e desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Sada de 1936, entre outras persoas, a: Antonio Fernández Pita (alcalde), executado; Justo Rodríguez Pérez, fuxido; Pedro Villacampa Méndez, exiliado.
Exiliado.
Despois do golpe de Estado as cousas non eran doadas para as xentes das esquerdas, polo que Casimiro emigrou cara Bos Aires o día 20/09/1937; logo seguírono a muller e os fillos.
Aínda que volveu en ocasións de visita a Sada, morreu en Bos Aires, igual que a súa dona.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.