← Volver atrás

Rodríguez Pérez, Justo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e político. Casou con María Varela Ramos; tiveron tres fillos e unha filla: Manuel (morto na guerra civil, abatérono os rebeldes cando tentou pasarse aos republicanos), Alejandro, María e Juan. Veciños da estrada de Fontán, en Sada (A Coruña). Emigrante retornado dos Estados Unidos.

Concelleiro de Sada xa no ano 1917. Elixido concelleiro e alcalde nas corporacións de Sada de 1931 pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e de 1932 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); o día 12/05/1932 dimitiu como alcalde, deixando o seu cargo a Antonio Fernández Pita. Novamente concelleiro nas municipais de 1935. Entre 1933 e 1936 presidiu Grupo Local de Sada do Partido Galeguista (PG) e elixírono concelleiro por este partido na corporación de 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Sada de 1936, entre outras persoas, a: Antonio Fernández Pita (alcalde), executado; Pedro Villacampa Méndez, exiliado; Casimiro Suárez Álvarez, exiliado.

Participou na campaña pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Fuxido.

Tralo golpe de Estado fuxiu, agochouse en Miño (A Coruña) e na casa dunha familia amiga de Fontán, Santa María de Sada; logo dun ano pasou a gorecerse no faiado da súa casa, onde cosía zapatillas e roupas de auga. Permaneceu agochado ata comezos dos anos corenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha