← Volver atrás

Varela Ramos, María

Alcume: a Maruxana
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Santo André de Carnoedo, Sada
(A Coruña)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou mariñeiro e político Justo Rodríguez Pérez; tiveron tres fillos e unha filla: Alejandro, María, Manuel (falecido na guerra civil) e Juan. Veciños da estrada de Fontán, en Sada.

O seu home fora emigrante retornado dos Estados Unidos; concelleiro de Sada xa no ano 1917, elixido concelleiro e alcalde nas corporacións de Sada de 1931 pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e de 1932 polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); o día 12/05/1932 dimitiu como alcalde, deixando o seu cargo a Antonio Fernández Pita; novamente concelleiro nas municipais de 1935 e entre 1933 e 1936 presidiu Grupo Local de Sada do Partido Galeguista (PG) e elixírono concelleiro por este partido na corporación de 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Vítima colateral.

Despois do alzamento Justo agachouse en Miño (A Coruña) e na casa dunha familia amiga de Fontán, Santa María de Sada; logo pasou a acubillarse no faiado da súa casa, onde cosía zapatillas e roupas de auga. Permaneceu agochado ata comezos dos anos corenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha