Nacemento:
Morte:
Caixista, militar e futbolista, 29 anos. Casou na Coruña en 1928 con Rogelia Barba Rumbo; tiveron dous fillos: Adolfo e Jaime. Veciños do barrio de Vioño, A Coruña. Tiña unha empresa de caixas.
Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Delegado en 1930 do Sindicato de Caixistas e Serradores La Libertad na Coruña, da CNT, do que tamén sería secretario (1932) e presidente (1934). Na súa actividade sindical coincide con José Moreno Torres.
Prendido con outros cenetistas en maio de 1934 por alteración da orde pública nun mitin.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Despois do alzamento agochouse e, grazas ao apoio de El Despertar Marítimo, escapou a primeiros de xaneiro de 1937.
Foxe o día 05/01/1937 desde A Coruña cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria); chegaron a Xixón (Principado de Asturias) o día 7 seguinte.
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Loitou no exército republicano na guerra civil en Cataluña.
No ano 1937 procesárono con outros en Ordes e declarárono en busca e captura.
Despois da derrota da República exiliouse en Francia e ingresárono en Le Barcarès.
Preso dos alemáns no decorrer da II Guerra Mundial, ingresárono en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia) e en Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña). Deportárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde ingresa o día 13/12/1940 e onde polas súas habilidades futbolísticas puxérono a traballar nas cociñas, o que o salvou de morrer de fame. Trasladárono a Gusen (Austria) o 24 de xaneiro de 1941.
Liberado pola XI División Blindada de EEUU o 05/05/1945; volveu a Francia.
Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas en 1941, causa que se sobreseu en abril de 1944.
Exiliouse en Brasil e volveu de moi maior ao seu barrio de Vioño.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.